Berta Dávila

  1. home
  2. Author
  3. Berta Dávila
Berta Dávila

30 Published BooksBerta Dávila

A escritora Berta Dávila (Santiago 1987), que moi nova sorprendeu gañando o Premio
Biblos-Pazos de Galicia para menores de 21 anos e culminando da man de Agustín
Fernández Paz a súa notable primeira novela Bailarei sobre a túa tumba (2008), é hoxe unha recoñecida poeta e narradora con poemarios como Corpo baleiro (2007) e Raíz da fenda (2013, premios Johán Carballeira, da Crítica española e da AELG) e obras narrativas como libro de relatos A arte do fracaso (2010), traducido para o castelán e o xaponés, ou a novela O derradeiro libro de Emma Olsen, premio de narrativa breve Repsol en 2013, co que obtivo tamén o premio Ánxel Casal ao mellor libro de ficción 2013. Tamén foi nomeada pola AGE autora do ano en 2014.